Posts correspondientes a la etiqueta ‘premios’
O Eganet 2009 xa é noso!

Desafiando á mesmísima Lei de Murphy, acabamos de gañar o premio Eganet 2009 á mellor Publicidade Online pola campaña do Movemento contra a Lei de Murphy 08. Terceiro ano consecutivo que gañamos os Eganet na modalidade de Publicidade Online e terceiro ano que queremos compartilo con todo o equipo que traballou na campaña: creativo, de planificación web, advergaming, eventos especiais… e co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que nos permitiu, unha vez máis, crear unha campaña irreverente para chegar eficazmente ao target, o alumnado de FP de toda Galicia.
Agora si, podemos dicir que a torrada caeu do noso lado. Somos inmunes á Lei de Murphy!